Camiñando cara cima A lúa observa os meus pasos Os astros revelan o meu destino Co mar no horizonte incerto Perdido nas vacilacións dos mortais A gadaña sesga os fíos da noite Nas árbores que me arrodean Resguárdome dos ollos da hipocresía ¿Por que lle temen á soidade Cando os pensamentos son a mellor compañía? ¿Por que se senten tan seguros Cando a cobardía é o seu trono? Un home sen recordos non existe... Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa. |