Na profundidade do bosque Non hai sombra que me protexa Dos perigosos encantos Da túa branca beleza Raiña da escuridade Tortúrasme coa túa presenza Mentres no meu interior Transmútase a miña esenza Oh lúa, paradoxa inmortal! A túa luz brila nos meus ollos Pero o teu feitizo corre polo meu sangue e os designios das estrelas guíanme... Non! a súa voz confúndeme... Esperto, A Néboa cúbreme nun leito de musgo Mentres o recordo dun sono Golpea a miña conciencia A loucura abrázame coa súa sonrisa Cando un reflexo de prata rasga O meu peito e observo ó meu lado o corpo tendido e o orballo cubre o meu rostro inerte...Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.