Invoco no lume o nome dos raios, tronantes tempestarios, atalaia dos Egovarros, Oh, Namarinos! Guerreiros na cinza esquecidos.
Brúo no aire ó demo alado, noitebra que cala o canto dos Egovarros, Oh, Namarinos! Guerreiros na nebra esquecidos.
Onde a terra mata ó mar, onde a néboa come ó sol, face de verde orballar neste chao de pedra mol. Moleira de prata e ouro, alma orfa de irmao, de bruma e salitre é o nome dos antergos mariñaos.
Laio na terra ó corpo dourado, mámoas que gardan o noso pasado! Oh! Egovarros Namarinos! Guerreiros no ouro esquecidos!
Onde a terra mata ó mar, onde a néboa come ó sol, face de verde orballar neste chao de pedra mol. Moleira de prata e ouro, alma orfa de irmao, de bruma e salitre é o nome dos antergos mariñaos.
Raíces de prata, augas de ouro, dende a Atalaia ó Valadouro. Do Valadouro á Atalaia foxe o corzo, chega a aguia.
Corpo de hedra, halo de soutos dende a Ferida ó lar dos Mouros. Do lar dos Mouros ate a Ferida laurus de lume, landras de cinsa. Arengas á bruma, gaitas de guerra, hostes de Roma, muxen a terra. Dos Castrillóns ata Fazouro, nebra de prata, serpe d'ouro
Vento do Nordés que brúas no ar, lévame o fillo alén deste mar Alén deste mar, alén do solpor acolle o seu nome aló do Borrón. Aló do Borrón, alén deste mar, segredo dos mouros do rei Breogán. Aló do Borrón, alén do Xistral Destérrote sol, invoco á nebra.
Canto nas augas ás mouras das cornas: de salitre e bruma é o fado dos Egovarros! Oh, Namarinos! Egovarros Namarinos!
Onde a terra mata ó mar, onde a néboa come ó sol, por sempre libres, mais sós. Face de verde orballar, neste chao de pedra mol, canta a bruma do solpor.
Onde a terra mata ó mar, onde a néboa come ó sol, face de verde orballar neste chao de pedra mol. Moleira de prata e ouro, alma orfa de irmao, de bruma e salitre é o nome dos antigos mariñaos.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.