O son da morte voa no meu ceo, a miña linaxe perece… Eu, Inis Elgad, reclámote alá onde o mar volta terra, e a terra se ergue para toca-lo ceo.
Invócote Torre de Brigantia! Ante ti abro o camiño entre a bruma. Invócote Fillo de Breogán, pai dos meus novos fillos! As augas traerán o teu corpo, e o vento elevará o teu nome á eternidade: Ith, fillo de Breogán, a ti te invoco.
Graña o corvo en ecos nocturnos ceibando a alma do nativo lar. Dende a torre navegan seus soños, verde esmeralda baixo o luar.
Divina deusa natura morre a cor no teu xardín, mala herba que arrincarei con dozura, albos peitos verde e xazmín
Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan. Estéril linaxe maldixo a Ith, fillo de Breogán.
As brétemas envolven seu corpo, agochan as teimas da mai sen preñar. Non sigas o alén dos castros, non sigas o divino chamar.
Sereas guían teu barco, escamas de bronce cortar. Augurio de reais arcos, frechas de druídico calar.
Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan. Estéril linaxe maldixo a Ith, fillo de Breogán.
Tribos de Dana, fame de Crom. Vil Morte brigante, silencio bardos! Comtempla os rostros das voces que chaman na fin do camiño, e ca mar derrotada, saúda á morte.
Cae o corpo sen pedras que te honrar, o sangue danza nun ronsel ritual, leito de ondas do derrocado mar, seixo de bruma, eterno memorial
Vento que brúas aló da raíz primordial, alma que miras cara o luar. Ergues en voo arredor do fungar do abellón, canta o lume no ar...
Deusa Danu, orfo de pai teu fertil chan, estéril linaxe, maldixo a Ith...Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.