Mirar e non ver, xulgar sen saber Afán por coller, todo teu sempre
Cuestión que negar, tempo por perder Dente que trabar, suma segue
Así enganan aos cegos, con ameazas vivas noutros tempos Así marca a penumbra, quen ve dun ollo gaña a partida
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
Foron medrando, cada vez pensando peor Foron mudando, á sombra do protector
Necios triunfarán, sempre foi igual Torpe convicción, parodia irreflexión
Tensar moito máis, sempre rompe igual Pensar é perder, indecisión
Así estafan aos mudos, verbas baleiras baixo a lei do silencio Así sinalan os mancos, dedos apuntan acaban disparando
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción
Foron calando, nada que obxectar Foron sinalando, conseguiron medrar
Na memoria, noutra versión, na que non se pode contar está a razón Aprender, superación, saber diferenciar o real da ficción Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa. |
|