Somos probes cesteiros, cestos que compoñer, probiños de nosoutros que vamos morrer.
Fame que temos, ¡vaia por Dios! non sei se é fame ou se será tós; entra pola boca, sale polos pés, todo este mundo anda ó revés.
Cando vamos á feira cos cestos a vender chamamos ás mulleres que nolos veñan a ver.
E son bos cestos se son, son, son, que coma os meus non hai ningún bon e son bos cestos, miremos ben, pois coma os meus xa non os fai ninguén.
Cando vamos prá vila pola caie raial quedan as señoritas sentadas nun portal. Elas, moi empolvadas, saen pro mirador e falan polos dedos palabriñas de amor.
Eses son cestos eses son, son, en todos eles non hai un bon. Víste-los cestos vístelos ben pois coma eles non os fai ninguén.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.