Meu amor é mariñeiro e vive no alto mar; son os seus brazos o vento ninguén llos pode amarrar. Meu amor é mariñeiro e cando me ven falar pon un carabel nos beizos no corazón un cantar.
EU SON LIBRE COMO AS AVES E PASO A VIDA A CANTAR; CORAZON QUE NACE LIBRE NON SE PODE ENCADEAR.
Traio un navío nas veas eu nacín pra mariñar; quen tente porme cadeas háme primeiro matar! Vale máis ser libre un día no confín do bravo mar, que vivir todad a vida, preso, escravo e a calar!
El vive alá lonxe, lonxe, onde brúa o bravo mar, e coa súa forza inmorrente onda nós ha de voltar!
EU SON LIBRE...
Nun momento, de repente, eu sei que un día virá, como se o mar e o vento, en nós abrise a cantar.
HEI PASAR POLO LUGARES COMO O VENTO NO AREAL ABRIR TÓDALAS VENTANAS COA ESCRAVITUDE ACABAR!
Polas rúas das ciudades hei de pasar a cantar, traguendo na mau direita a espada da libertá. Como se un navío entrase de supeto, na ciudá, traguendo a voar no mástil bandeiras de libertá!
HEI PASAR POLO LUGARES COMO O VENTO NO AREAL ABRIR TÓDALAS VENTANAS COA ESCRAVITUDE ACABAR!Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.