A meu gaiteriño, ainda me acordo, cando baixabas polo monte abaixo, e viñasme ti dicindo.
Bota carne no pote, Marianiña, bota carne no pote, Marianá, un molete enteiro. enservelletado, unha bota con viño, chupáená!
Muller, fartura de loita qué che hei decire eu, muller?! Ti és coma a terra nosa, e a terra é coma ti é!
Deixeivos a entrambas soias anque convosco quedei Valeira está a terra, morna ti, sementada, abofé. (bis)
E o vento decia pronto hai de volver!, pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)
Ai, muller, cántas noitiñas, te deitaches coa tristura?, e o vento, ainda che traguía, as novas dos que marmuran.
E o vento decia, pronto hei de volver...
RECITADO FINAL: Ti és o milagre da terra e, a terra é un milagre teu mistura de mel e cerna de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo, como fan no mente as bestas. E hoxe que volto vencido, para que eu venza ti te deitas.
O voltar, qué che hei decir?! Maldito o día e a hora en que te deixei aquí pra percurar vida fora! O inverno da emigración roubóunos a primavera, quén eu era, xa non son, e ti non és a que eras! Xa poden os leiros dar colleitas ben abondosas, poden en Madrí falar con palabras ben fermosas, que nunca nos han de pagar a nosa fame de outrora!
E O VENTO DECíA, PRONTO HEI DE VOLVER PRA TIRA-LA FAME, PRA PODER COMER...Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.