Zapatos de chiculate tenos a miña cadela pra leva-las ovelliñas ás feiriñas de Nadela. Aló ven o gaiteiro por detrás do pinar hastra os pinos lle axudan á gaitiña a tocar. Indo eu pra non sei donde vendo eu a non sei quén, á porta de, xa me entendes... non me poido acordar ben. Andivecheste alabando polos muiños moendo, que te casabas comigo e iso era en eu querendo. A rula vaise queixando, que lle levaron o niño, que che mandou facer rula tanto á veira do camiño. Algún día ben pensaches do meu corazón ter froles. Agora vai ós codesos, que chos hai nos arredores.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.