Durme meu neno, durme, sen máis pranto, que o tempo de chorare, vai pasando Que a terra na que vives, no que bágoas, precisa homes inteiros, pra liberala. Durme meu neno, durme, colle forzas, que a vida que che agarda, pide loita. Recollera-lo froito sementado, no inverno escuro e frio, no que estamos. Semente feita en sangue por un pobo que xurde dende a hestoria, dende o sono, un sono cheo de aldraxe e miserento, un sono de inxusticias e silencio. Mira a língoa que falo, despreciada, por ser língoa de probes, língoa escrava, son o orgullo que temos, língoa de probes. Só neles hai verdade e máis honores. Durme meu neno, durme, niste colo, que esta terrra de escravos non tén odio. Tén séculos de espranza, agardada, que pón hoxe nos fillos que amamanta.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.