Mariñeiros á ventura, dunha noite atreboada que cecais non te retorno a ningunha madrugada. Mariñeiros que navegan percurando a pesca incerta o armador en terra firme, dorme namentras espera A muller do mariñeiro agarda mentras, desperta ó carón dun lar sin lume; zoa o vento sobre as tellas. O mariñeiro pelexa no medio e medio do mare, co vento que peta firme, e fai o barco abalare. No medio e emdio da noite o armador dorme agardando, agarda-esperta a muller, e o mariñeiro loitando E choran sete mulleres no medio e medio do día, na noite do mar revolto sete homes se perdían. O armador xura de rabia, no medio e medio do día, Na tempestade da noite un barco a pique se iba. Pola mañán desgonzados, sete corpos sobre a praia, sete mariñeiros mortos, bébedos de auga salgada. Na tarde tocan campás o repinicar da morte, mentras tanto sae o mar outro barco con sete homes.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.