¡Que ben cantan, que ben bailan aquelas catro pachocas! ¡Que ben cantan, que ben bailan! ¡Que ben menean as zocas!
Aqueles que andan no baile ambos me parecen ben, ela parece unha rosa e el parece un caravel.
Eu pedinllo a unha nena no porteliño do prado. Respondeume a picarona que estaba o campo mollado.
Aquel paxaro non canta seica non ten alegría, non se fai cousa de noite que non se saiba de día.
Vamos ruando, meniña, e vamos ruando a eito, xa que levámo-la sona, levarémo-lo proveito.
Séntate aquí miña prima ti nunha pedra e eu noutra, axudarasme a cantar, a miña fortuna é pouca.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.