A saia da Carolina, ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dalle o rabo.
Bailache, Carolina? Bailei, si señor! Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor Bailaches, Carolina? Bailei, si señor!
A Carolina é unha tola que todo fai o revés; vestese pola cabeza e dispese polos pes
O señor cura non baila porque tén unha coroa. baile, señor cura, baile, que Dios todo llo perdoa.
No curro da Carolina non entra carro pechado namais entra Carolina co seu cocho polo rabo.
Bailaches, Carolina... .................................... Co meu amor Carolina non volvas a bailar, porque che levanta a saia i emoi mala de baixar.Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa.