A treboada trae os malos augurios, susurros que medran na escuridade, e entre as árbores, ánimas mortas.
Lembranzas que brotan das raices, medos que lembran males, males que fan tremela terra, camiños que te levan ó fin.
A derradeira viaxe avanza cara ó esquencemento e a desesperanza, e ten o poder de levarse consigo ós seres perdidos.
As vidas morren, as mortes quedan, perduran na eternidade, e fan medralo medo, a dor.
Se se mira, desprendese dela a esencia da morte e comenza a verdadeira viaxe, onde cadanseu leva o seu legado.
Percorre o derradeiro camiño, levando consigo a historia dunha vida que remata. É a penitencia a carón das ánimas rotas, A morte eterna chega por fin. Teksty umieszczone na naszej stronie są własnością wytwórni, wykonawców, osób mających do nich prawa. |
|